QUEN SOMOS
ONDE ESTAMOS
QUÉ FACEMOS
GALERÍA FOTOGRÁFICA
LIGAZÓNS
CONTACTA

 

ASOCIACIÓN CULTURAL " O ARRIEIRO"

O Arrieiro é unha asociación cultural que foi creada en Moraña nos anos setenta para a dinamización cultural do concello. O noso nome é unha lembranza dos arrieiros que nun tempo non moi lonxano atravesaban o noso concello. A asociación é refundada no ano 2003 da man dun dos membros do proxecto orixinal.

Os fins principais da asociación son:

A. DEFENSA E RECUPERACIÓN DO PATRIMONIO NATURAL, HISTÓRICO E CULTURAL DE MORAÑA:

- Promoción e difusión dos valores ambientais e defensa do medio natural (espazos naturais, carballeiras, montes,ríos, fontes, manantiais,...)

- Defensa, coidado e estudio da fauna, flora e xeoloxía da nosa bisbarra

- Salvagarda, estudo e recuperación do noso patrimonio histórico, etnográfico e artístico.

B. PROMOCIÓN E DIFUSIÓN DOS VALORES AMBIENTAIS E DEFENSA DO MEDIO NATURAL.

 

C. DINAMIZACIÓN SOCIO-CULTURAL:

- Recuperación e fomento das manifestacións propias da cultura popular de Moraña e a súa contorna (festas tradicionais, cantigas populares, tradicións orais, etc.)

- Fomento do traballo en equipo

- Alentar a actividade artística, literaria, musical e de investigación científica

- Fomentar a solidaridade entre os pobos e as culturas

.

 

D. PROMOCIÓN, DEFENSA E USO DA LINGUA GALEGA EN TÓDALAS ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS POLA ASOCIACIÓN

- No camiño da súa plena normalización promoveremos a nosa lingua nos certames, congresos, xornadas, premios, cursos, campañas divulgativas e calquera actividade cultural desenvolvida pola asociación.

 

Esta páxina web en galego tuvo unha axuda otorgada pola Xunta De Galicia

- Presidencia - Secretaria Xeral De Comunicación - Dirección Xeral de Comunicacion Audiovisual

 

ARRIBA